Felipe Rea

Músico, Gaiteiro e Compositor

"La Música es el Lenguaje del Alma"

Nace en Estribela no ano 1974 , sempre amosou un grande interese pola música e dun xeito moi especial pola galega.

Na actualidade combina a súa faceta de músico/compositor coa de mestre de música e gaita galega.

Dende moi novo empeza o estudo de gaita e música da man de Rogelio Rodríguez (gaita) e Lorenzo Gago (música), pasando máis tarde a ampliar o seu estudo de gaita con Francisco Landín Pazos e pasando a formar parte da agrupación folclórica Trompos ós Pés, realizándose máis tarde como gaiteiro solista co grupo Gandaina e cursa a modalidade de gaita no conservatorio profesional de vilagarcía, co mestre : Ivan Abal.

Na súa carreira coma músico tradicional son moitas as colaboracións con outros grupos e asociacións de todo tipo de música como Centenario, Picuiña, Ansar, Abelaiña,, etc. 

Premios

Na súa vida ten acadado mais dunha vintena de premios tanto de interprete como de compositor, nos que compre destacar :

  • 1997- finalista do VII certame de música folk de Galicia (interprete). •
  • 1996 – 2º premio de gaiteiros solistas “O PEDRÓN “ Padrón.
  • 2014 1ªclasificado no concurso musical concertos de verán do centro comercial Arousa (interprete)
  • 2021 e 2022-“Mencion de Honra” no concurso internacional de composición musical para piano “ Rodrigo Landa Romero”.

Cómpre destacar a súa faceta de compositor, sendo grupos de gaitas e bandas galardoados con diferentes premios interpretando a súas pezas, tales como:

  • Rumba de Estribela
  • Alborada para César Sampedro
  • A Cabuxa
  • A Marreta
  • Na fonte do Arrabalde
  • Composición musical para trompeta e gaita “NAUFRAXIO “ emitida nun documental de TV
  • No ano 2011 foi gravada a peza “POLKA RUMBA PARA PICUIÑA” , para un anuncio publicitario do comercio de Marín encargada polo concello
  • No 2015 ponlle música o curtametraxe de animación “MUSICIDO” conseguindo ata 15 premios en todo o mundo

Agora mesmo esta e a faceta mais importante na que esta involucrado polo que e demandada a súa música de tódalas partes da xeografía española.

DIDÁCTICA

Ó longo da súa vida musical imparte cursos de gaita en moitas asociacións galegas e tamén por toda a xeografía española, polas distintas casas de Galicia, nas que vai en representación da Xunta de Galicia.

Felipe Rea adica moitas horas de lecer a investigar, falar cos maiores de aldea en aldea, buscando na súa memoria melodías, lendas, contos, xogos ou case que todo o referente coa nosa tradición ou costumes, que forman parte dun legado que non debemos esquecer. 

Imparte cursos e concertos didácticos nas escolas para enxalzar a música tradicional e poñer en valor o legado dos nosos maiores, e dá conferencias sobre a vida e obra do músico Marinense : Francisco landín Pazos , do cal posúe o seu arquivo musical, e ten feito un estudo sobre a súa obra a cal tivo a sorte de expoñer na VI mostra de cuartetos Tradicionais de Marín no 2010 organizado pola AGG en colaboración con “ Picuiña” como evento a destacar e do cal se publicou unha revista. 

Traballos e GraBacións

Ten editado 1 Cuaderno para Gaita  

Felipe Rea Otero_«Conversas cunha Gaita».2013

3 Traballos Discográficos

  • Quodlibet_«Quodlibet».2012
  • Quodlibet_«A cor do son».2013
  • Mudland_«Meraki».2021

Galería